Calabacetis
Estes cabacíns con gambas son unha auténtica delicia. Córtanse en forma de espaguetis coa axuda dun espiralizador. Triunfaredes!
A receita está sacada da sección "Cocina Fácil" da web lecturas.com onde podedes ampliar un pouco a información sobre este exquisito e saudable prato. Incluso hai un vídeo de como elaborala.
Por facerlle un guiño ao país dos espaguetis, a terra a investigar esta vez será: Sicilia.
Clicando na imaxe tedes a receita no formato de traballo do proxecto.