Proposta para o trimestre
A dinámica de traballo vai ser a seguinte:
Como xa explicamos en clase, ao ser dous grupos, un grupo cociña e o outro prepára a receita para a semana seguinte. Ao final da clase degustamos todos o prato elaborado e o grupo que non cociñou frega.
Na primeira media hora (dado que está a cociña ocupada polos da ESO) aproveitamos para que o grupo que vai cociñar nos presente a todos os ingredientes do prato que se vai preparar e ademais nos fale un pouco do país no que é tipico ese prato. Así surfearemos un pouco pola cultura, folclore, costumes, e outras curiosidades dese país. Quen queira afondar coñecementos sobre o lugar en cuestión, investigará despois na casa pola súa conta.
En principio, as cantidades a cociñar serán para unha pequena degustación, veremos como somos capaces de calcular para tanta xente...
Mentres un grupo está cociñando, o outro terá que facer estas tarefas:
- Escoller o prato que ides cociñar na semana seguinte.
- Copiar a receita.
- Calcular as cantidades para todos os comensales que somos, empregando a proporcionalidade (xa están as mates outra vez polo medio 😊😍).
- Calcular o custe total do prato (por persoa) e axustar os ingredientes se nos pasamos do prezo estipulado.
- Repartir a provisión de ingredientes (decidir que trae cada quen a semana seguinte)
- Investigar sobre o país do que escollemos o prato típico.
A proposta de pratos para este segundo trimestre é a seguinte:
- Prato 1: Italia - Pizza Margarita
- Prato 2: México - Tacos de polo e guacamole
- Prato 3: Xapón - Sushi maki
- Prato 4: España - Tortilla de patacas
- Prato 5: China - Roliños primavera
- Prato 6: Francia – Creps
- Prato 7: Grecia - Souvlaki de pollo (o que ven sendo unha brocheta)
- Prato 8: India - Curry de verduras ou de polo
- Prato 9: Estados Unidos - Hamburguesas caseiras
- Prato 10: Marrocos - Cuscús con verduras
- Prato 11: Perú - Ceviche de peixe
- Prato 12: Alemania – Pretzels
- Prato 13: Tailandia - Pad Thai
- Prato 14: Turquía – Baklava ou Kebab
- Prato 15: Arxentina - Empanadas de carne
- Prato 16: Hawai - Poke de salmón
Esta proposta está aberta a ampliarse coas vosas suxestións.
Agora só toca desfrutar do proxecto!!!