Benvida

Benvidas e benvidos ao proxecto de Circula de terceiro ciclo "COCIÑAS DO MUNDO".
O obxectivo, ademais de desfrutar aprendendo e darnos algún que outro homenaxe culinario, é aprender de cociña e de cultura.
Cada prato que cociñemos estará relacionado co país onde é moi típico e aproveitaremos a ocasión para investigar e aprender cousas sobre ese país: situación xeográfica, idioma, capital, xeografía, economía, política, arte e cultura en xeral... a ver ata onde somos quen de chegar en grupo. E despois, cada quen que indague pola súa conta o que lle apeteza.

Imaxe creada con IA (Artguru)